Sexta etapa da Senda das Greas, entre Couso en Gondomar e A Granxa en Baiona, organizada pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo dentro do programa Camiño a Camiño. Outro día moi agradable para percorrer paraxes chamativos e cunha diversa variedade de fungos. Todo isto acompañado dunha variada representación de cabalos e cabras en liberdade.
A primeira sorpresa do día foron as distintas perspectivas nas que se poideron contemplar dos montes comprendidos entre a Serra do Galiñeiro e a Serra da Groba, así como as panorámicas da Ría de Vigo.
A segunda sorpresa foi o muestrario de fungos que nos atopamos polo camiño, que deu pé a facer unha explicación particular do reino Fungi:
O resumo fotográfico o podedes ver AQUI reproducindo de seguido algúns dos momentos do percorrido e das interpretacións realizadas en relación cos Garranos e a súa problemática actual: