A sexta etapa da Senda das Greas abordará o tramo A Fraga (Gondomar) - A Groba (Baiona). Neste percorrido de Camiño a Camiño, promovido pola Concellería de Medioambiente de Vigo, vaise arrancar dende a Estrada que accede a Couso, preto de San Antoniño, para ascender ao monte onde nos atoparemos con gando de todo tipo. Accederemos logo á Área recreativa de Outeiro Grande para logo dirixirnos á ribeira do río Groba.
INSCRICIÓN (150 prazas por ruta)
- Dende luns 31 de outubro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda.
SENDA DAS GREAS. ETAPA 6: A FRAGA (GONDOMAR) - A GROBA (BAIONA)
✔ Domingo 6 de novembro
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (Achega 4 euros/2 euros menores AQUI -Sede electrónica ou en Concellería de Medio Ambiente 2º andar-; máis info na GUÍA)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 14:30 (aprox)
🏃 Percorrido: 9,9 km; pendente media 7,8% / -6,5%; pendente máxima 33,0% / -31,4%; desnivel 382m / -408m; dificultade media
👉 Recomendación: levar calzado de montaña para evitar esbarar e bastóns dada a forte pendente subida ao principio e de baixada na parte final do percorrido.