A cuarta etapa da Senda das Greas abordará o tramo O Confurco - O Pombal (O Porriño). Neste percorrido de Camiño a Camiño, promovido pola Concellería de Medioambiente de Vigo, vaise atravesar os montes que bordean o Val da Louriña, pasando por lugares tan emblemáticos como o Castelo de Cans ou Faro Budiño.
INSCRICIÓN (150 prazas por ruta)
- Dende luns 17 de outubro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda.
SENDA DAS GREAS. ETAPA 4: O CONFURCO - O POMBAL (O PORRIÑO)
✔ Domingo 23 de outubro
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (Achega 4 euros/2 euros menores AQUI -Sede electrónica ou en Concellería de Medio Ambiente 2º andar-; máis info na GUÍA)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 14:30 (aprox)
🏃 Percorrido: 12 km; pendente media 8,0% / -8,8%; pendente máxima 53,1% / -40%; desnivel 513m / -638m; dificultade media-alta
👉 Recomendación: levar calzado de montaña para evitar esbarar e bastóns dada a forte pendente subida ao principio e de baixada na parte final do percorrido.