A terceira etapa da Senda das Greas abordará o tramo Galleiro - As Regadas (Mos). Neste percorrido de Camiño a Camiño, promovido pola Concellería de Medioambiente de Vigo, vaise atravesar unha parte da Serra do Galleiro, que se localiza entre Pazos de Borbén, Mos e Ponteareas e é a orixe do río Louro.
Arráncase dende a parroquia de Galleiro para crestear e así poder ver unha privilexiada vista do termo municipal de Vigo, do fondo da ría de Vigo coa Ensenada de San Simón e do val de Louriñá. Tamén se verá o val do Tea e as vilas de Mondariz e Ponteareas.
INSCRICIÓN (150 prazas por ruta)
- Dende luns 10 de outubro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda.
SENDA DAS GREAS. ETAPA 3: GALLEIRO - AS REGADAS (MOS)
✔ Domingo 16 de outubro
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (Achega 4 euros/2 euros menores AQUI -Sede electrónica ou en Concellería de Medio Ambiente 2º andar-; máis info na GUÍA)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 14:30 (aprox)
🏃 Percorrido: 12,1 km; pendente media 4,5% / -7,9%; pendente máxima 13,7% / -19,2%; desnivel 224m / -637m; dificultade media
👉 Recomendación: levar calzado de montaña para evitar esbarar e bastóns dada a forte pendente de baixada na parte final do percorrido.