A segunda etapa da Senda das Greas abordará o tramo Moscoso-Sequeiros (Pazos de Borbén). Neste percorrido de Camiño a Camiño, promovido pola Concellería de Medioambiente de Vigo, vaise atravesar espazos naturais moi chamativos.
Arráncase preto do Encoro de Eiras, para logo pasar pola "cidade", cunhas antigas construcións medievais, e a ponte do río Barragán que nos achega a unha fermosa fraga de ribeira, das máis extensas do sur de Pontevedra.
Tamén pasaremos pola aldea de Xunqueiras, con algo moi típico dos pobos desta comarca: as casas dos indianos que inmigraron a América. Tamén teremos ocasión de gozar de vistas panorámicas da Serra do Suído, da Paradanta e o resto das serras que forman o extremo sur da Dorsal galega. Remataremos en Pazos de Borbén.
INSCRICIÓN (150 prazas por ruta)
- Dende luns 3 de outubro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda.
SENDA DAS GREAS. ETAPA 2: MOSCOSO - SEQUEIROS (PAZOS DE BORBÉN)
✔ Domingo 9 de outubro
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (Achega 4 euros/2 euros menores AQUI -Sede electrónica ou en Concellería de Medio Ambiente 2º andar-; máis info na GUÍA)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 15:00 (aprox), pois hai que desprazarse ata Pazos de Borbén.
🏃 Percorrido: 9,5 km; pendente media 6,7% / -7,0%; pendente máxima 44,7% / -31,3%; desnivel 325m / -456m; dificultade media-alta
👉 Recomendación: levar calzado de montaña para evitar esbarar e bastóns dada a forte pendente de subida e de baixada na parte final do percorrido.