Cuarta etapa da Senda das Greas, entre o Confurco e o Pombal en O Porriño, organizada pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo dentro do programa Camiño a Camiño. Ao final por motivo dun accidente na estrada de acceso ao inicio da etapa, acabouse facendo en sentido inverso.
A climatoloxía foi adversa pero aínda así o percorrido mereceu a pena polos contidos que se poideron abordar: as canteiras de granito do Porriño, o Faro Budiño e o Castelo de Cans, aparte de toda a Depresión Meridiana que explica as panorámicas que se podían ver do Val do Louro.
Claramente chamaron a atención o contraste entre o traballo sobre a roca da natureza, xerando os famosos "bolos" distribuídos ao longo do percorrido, co traballo humano nas minas a ceo aberto.
O resumo fotográfico, esta ver escaso por motivo da choiva, o podedes ver AQUI reproducindo de seguido algúns dos momentos do percorrido e das interpretacións realizadas: