Terceira etapa da Senda das Greas, entre Galleiro e As Regadas en Mos, organizada pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo dentro do programa Camiño a Camiño. Un percorrido cunhas panorámicas moi interesantes pero que non foi posible gozar delas por mor da persistente choiva, agás nun intre misterioso que permitiu ver a Ensenada de San Simón.
Nesta data lembráronse os cinco anos dos lumes de outubro de 2017, que tamén afectaron á Serra do Galleiro. Poidose comprobar como a matogueira recubriu boa parte da superficie queimada. Particularmente fíxose unha explicación específica para o toxo e as distintas variedades do mesmo que explican o dito de que en todo o ano pódese gozar da súa flor, o alecrín ou chorima.
O resumo fotográfico o podedes ver AQUI reproducindo de seguido algúns dos momentos do percorrido e das interpretacións realizadas: