Arrancamos Camiño a Camiño de Outono coa primeira etapa da Senda das Greas, entre Vigozoo e San Esteban de Negros, organizada pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo. Reeditamos así un percorrido que se fixera completo no outono de 2012 e que nesta edición concentrarase en 7 etapas.
Precisamente este ciclo de percorridos vainos achegar ao patrimonio natural e cultural da Área Metropolitana de Vigo, con curiosidades tan salientables como a rutas das mámoas (entre Candeán -Mámoa do Vixiador- e San Esteban de Negros -Monte Penide-), ou a chamativa Depresión Meridiana que se poido ollar dende o Castro de Negros. Tamén dende esa privilexiada localización puideronse ver a vindeiras etapas en Pazos de Borbén ou no Galleiro.
O resumo fotográfico o podedes ver AQUI, reproducindo de seguido algúns dos momentos do percorrido e das interpretacións realizadas: