Co arranque do mes de outubro tamén bota a andar a programación de Camiño a Camiño para o outono 2022 promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo.
Nesta edición vaise realizar a Senda das Greas (GR-58) en 7 etapas, cubrindo un total de 75 km dos máis de 200 km que ten este sendeiro de gran percorrido ao longo dos concellos da Área Metropolitana de Vigo (ver programación completa AQUI). Pasarase por algúns espazos de grande interese natural e paisaxístico, así como por algúns puntos que nos van retrotraer a cando o sur de Pontevedra foi o primeiro reino medieval de Europa.
Na primeira etapa a celebrar o 2 de outubro circularemos dende Vigozoo ata San Esteban de Negros (Redondela), atravesando os montes de Candeán e de San Esteban de Negros, e achegándonos a un espazo particularmente interesante dende a perspectiva patrimonial. En concreto, pasaremos pola mámoa de Vixiador e pola mámoa do Rei, así como polo Castro de Negros.
Tamén teremos ocasión de gozar das panorámicas dende o miradoiro do Castro de Negros, dende onde se pode visualizar dende a Ensenada de San Simón ata a Serra do Galleiro e o Val da Louriña.
INSCRICIÓN (150 prazas por ruta)
- Dende luns 26 de setembro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda.
SENDA DAS GREAS. ETAPA I: VIGOZOO - SAN ESTEBAN DE NEGROS
✔ Domingo 2 de outubro
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (Achega 4 euros/2 euros menores AQUI -Sede electrónica ou en Concellería de Medio Ambiente 2º andar-; máis info na GUÍA)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 14:00 (aprox)
🏃 Percorrido: 9,8 km; pendente media 5,9% / -7,9%; pendente máxima 17,1% / -42,2%; desnivel 237m / -529m; dificultade media-baixa
👉 Recomendación: levar bastóns dada a forte pendente de baixada na parte final do percorrido.