O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou a tempada de outono 2022 do Programa de Educación Medioambiental "Camiño a Camiño" no acto de sinatura de convenio celebrado esta mañá coa presenza do Director Xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González.
Están previstos percorridos medioambientais entre outubro e novembro, as actividades de hortas urbanas, voluntariado e cursos.
PERCORRIDOS MEDIOAMBIENTAIS: A SENDA DAS GREAS
A primeira ruta terá lugar o domingo 2 de outubro coa primeira etapa da Senda das Greas (GR-58) entre Vigozoo e San Esteban de Negros (máis información neste blog a partires do luns). O proceso de inscrición arrancará tamén ese luns 26 de outubro a través do 010 (986810260 dende móbil).
As seguintes 6 etapas realizaran tramos da citada Senda das Greas, que permite coñecer de preto a riqueza natural e paisaxística a carón de Vigo, así como o feito de que nestes lugares albergouse o primeiro reino medieval de Europa. Máis info no apartado RUTAS deste blog.
As hortas urbanas proseguirán a súa actividade habitual en horario de inverno (de 10 a 13 horas polas mañás e de 16 a 19 horas polas tardes) en Navia, Fontáns, Pedro Alvarado, Sardomela, Ramón Nieto e Camelias. Para poder participar nas mesmas é preciso realizar o curso básico de hortas urbanas. As persoas interesadas no citado curso poden consultar nas propias hortas. Máis info no apartado HORTAS URBANAS deste blog.
Tamén seguen as actividades de voluntariado medioambiental no Monte da Guía, nos sendeiros locais, na caneira municipal ou en Vigozoo (máis info no apartado VOLUNTARIADO deste blog). Para poder participar é preciso realizar o curso de iniciación ao voluntariado medioambiental previsto para o xoves 29 de setembro, as 17:00, en Vigozoo (máis info no apartado FORMACIÓN deste blog)
As inscricións para todas estas actividades pódense facer no 010 (986 810 260 dende móbil) durante a semana previa a cada unha delas, iniciándose o luns 26 de setembro.
As inscricións para todas estas actividades pódense facer no 010 (986 810 260 dende móbil) durante a semana previa a cada unha delas, iniciándose o luns 26 de setembro.