Este venres 3 de xuño celebrouse o Día do Medio Ambiente 2022, que co lema "Una soa Terra" pretende lembrar, entre outros aspectos, a importancia de traballar na rexeneración dos espazos urbanos. Para tal fin, e como todos os anos, a Concellería de Medio Ambiente fixo unha actividade educativa cos CEIP Frián e Vicente Risco no entorno do Monte da Guía e da senda azul de Teis.
Contou coa presenza do Alcalde, Abel Caballero, e da Concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, así como coa participación de Aproema e da asociación Voces polo Litoral de Teis.
Explicouse que a crise medioambiental xira en torno a tres grandes temas: a perda da biodiversidade, a contaminación e o lixo, e o cambio climático. En relación cos dous primeiros temas fixeronse sendas actividades interpretativas coa participación dos 75 alumnos e alumnas dos dous centros.