VII Día dos Montes de Vigo - 22 maio 2022

VII DÍA DOS MONTES DE VIGO

22 maio 2022 | Monte dos Pozos
Programa Xeral | Programa Infantil | Inscrición e funcionamento




Concello de Vigo, a través da Concellería de Medio Ambiente, bota a andar o VIIª Día dos montes de Vigo, en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo e co patrocinio de Vegalsa-Eroski. Terá lugar o domingo 22 de maio, pola mañá, sendo a base de operacións o Parque Forestal do Monte dos Pozos (localización Google Maps)

Inscrición no 010 (986810260 dende móbil): dende o luns 9 de maio ata o venres 20 de maio, as 13 horas. Tal e como se indica máis abaixo, será necesario apuntarse nunha das andainas previstas e que están adaptadas as características dos distintos públicos. Ademáis, haberá exposicións, música e actividades infantis. Está previsto que participe un milleiro de vigueses e viguesas.

O obxectivo que se persigue con este evento é dar a coñecer os recursos dispoñibles nos montes periurbanos de Vigo: parques forestais e sendeiros locais, onde nos podemos achegar ao patrimonio natural, así como algúns dos miradoiros e espazos etnoarqueolóxicos máis destacados da cidade. Tamén se vai comprobar como se está a producir o proceso de rexeneraación dos montes queimados en outubro de 2017, particularmente os casos de Valladares e Zamáns.

A programación organízase en dúas partes: as actividades dirixidas para poboación adulta e as dirixidas a familias.



Están previstas tres andainas con distinto grado de dificultade, para coñecer a realidade dos montes de Vigo cinco anos despois dos lumes de 2017. Tomarase como punto de partida o Monte dos Pozos.

1. Andaina 18 km | pendente media 7,0% / -6,4% | pendente máxima 31,2%/-25,7% | desnivel 631m/-699m | dificultade media-alta
Horario: Acollida en Monte dos Pozos (8:00) - Saída da lanzadeira de bus para o P.F de Zamáns (8:30) - Inicio Andaina (9:00) 
Percorrido: P.F Zamáns - Sendeiro Local Zamáns - P.F. Zamáns - Monte Alba - Monte dos Pozos.
Observacións: Atravesaranse algunhas das zonas queimadas, agora en proceso de rexeneración, así como algúns dos miradoiros máis chamativos da cidade no Monte Alba.





2. Andaina 11 km | pendente media 7,3% / -7,1% | pendente máxima 37,8%/-27,9% | desnivel 387m/-455m | dificultade media
Horario: Acollida en Monte dos Pozos (9:00) - Saída da lanzadeira de bus para o P.F de Zamáns (9:30) - Inicio Andaina (10:00) 
Percorrido: P.F Zamáns - Monte Alba - Monte dos Pozos.
Observacións: Atravesaranse algunhas das zonas queimadas, agora en proceso de rexeneración, así como algúns dos miradoiros máis chamativos da cidade no Monte Alba.




3. Andaina 7 km | pendente media 8,6% / -8,8% | pendente máxima 32,6%/-38,3% | desnivel 324m/-316m | dificultade media
Horario: Acollida en Monte dos Pozos (10:00) - Inicio Andaina (10:30) 
Percorrido: Monte dos Pozos - Camiño Real - Ermida San Xoán de Freixo - Monte dos Pozos
Observacións: Atravesaranse algunhas das zonas queimadas, agora en proceso de rexeneración, así como algúns tramos de camiño real que atravesaba Valladares.




No momento central do acto están prevista actividades dinamizadas pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, como Danzas do Mundo e a actuación do Grupo de Gaitas de Pardavila.
Tamén se poderán contemplar sendas exposicións tituladas “Sendeiros Locais de Vigo” e “Unha lingua de lume asola en 2017 os montes de Vigo”




Neste caso participarán as familias ao completo, adaptando as actividades ás idades dos menores.

4. Visita familiar ao Petróglifo da Lapela: 5km | | pendente media 6,8% / -7,9% | pendente máxima 33,0%/-33,4% | desnivel 204m/-204m | dificultade media-baixa
Destinatarios: Familias con fillos maiores de 6 anos
Horario: Acollida en Monte dos Pozos (10:30) - Inicio Andaina (11:00) 
Percorrido: Monte dos Pozos - Antigo verterdeiro do Zondal - Petróglifo da Lapela - Cruz da Pinguela - Monte dos Pozos
Observacións: Ademáis de coñecer o Petróglifo da Lapela, permitirá coñecer de preto as consecuencias dos lumes do 2017. Rematará o paseo coa visión panorámica da cidade dende un miradoiro.






5. Peque-ruta "Monte dos Pozos na primavera": 1km 
Destinatarios: Familias con fillos menores ata 6 anos
Horario: Acollida en Monte dos Pozos (11:00) - Inicio Andaina (11:30) 
Percorrido: Monte dos Pozos - Monte dos Pozos
Observacións: Conoceremos singularidades do Monte dos Pozos en primavera.



6. Xogos populares - Tiro con arco - Rastrexo.
Ao rematar as andainas citadas para familias, está prevista unha serie de actividades dirixidas aos máis cativos e cativas, como xogos populares, tiro con arco, rastrexo, etc.





C) INSCRICIÓN E FUNCIONAMENTO DO EVENTO 

Inscrición: no 010 (986 81 02 60 dende o móbil) ata as 13 horas do venres 20 de maio. A inscrición estará aberta ata cubrir as prazas dispoñibles para cada actividade. No caso de que o día 22 de maio haxa prazas dispoñibles, poderase facer inscrición no Monte dos Pozos ata media hora antes do inicio da actividade.

Lugar de encontro: Parque forestal do Monte dos Pozos (Valladares).

Recollida de tarxeta de participación: previo ao inicio das actividades, as persoas inscritas recollerana na carpa de organización. A participación é gratuíta. No caso da Andaina que se inicia no Parque Forestal de Zamáns dará dereito ao acceso ao autobús lanzadeira ata o inicio de actividade. No resto de actividades será solicitada ao principio das mesmas.

Agasallo a participantes: kit de abastecemento e promocional cortesía de Vegalsa-Eroski, xunto con entrega de camiseta recordatoria. Entregaranse no momento de solicitude da tarxeta de participación.
Inicio de actividade: segundo horario previsto na programación que se atopa na web caminoacaminovigo.org, sendo preciso estar rexistrado media hora antes.

Recomendacións: Roupa cómoda e calzado axeitado para monte, hidratación constante, respecto ás indicacións da organización, coidado do entorno empregando os contenedores habilitados e respectando a flora e fauna que se atope.

Máis información: info@caminoacaminovigo.org | whatsapp 662 23 10 23 | caminoacaminovigo.org



Nombre

Avisos,6,Fotos,95,Novas,229,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: VII Día dos Montes de Vigo - 22 maio 2022
VII Día dos Montes de Vigo - 22 maio 2022
VII Día dos Montes de Vigo. Programa de Andainas a celebrar o 22 de maio, pola mañá. Organiza: Concellería de Medio Ambiente de Vigo
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj3YYxgjY_nAT7hYtJt81OHlZhYQstlRRZj9jLMY49vzCRfJPSu9kZZCQ0OZfgP5hRp1Gw33nKd1RiLwH0gGk-6gWuZoqgwm6LeLb2eHe95-BDJBgCcFb8Xuc1vRadSvuxM5LhVKXmxDKnSbekzMclo3J7_j3KyNd8pTFqzAENZ5yZ24gO09Rbg95Q1VA/w640-h302/Recurso%20Cabeza%20folleto.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj3YYxgjY_nAT7hYtJt81OHlZhYQstlRRZj9jLMY49vzCRfJPSu9kZZCQ0OZfgP5hRp1Gw33nKd1RiLwH0gGk-6gWuZoqgwm6LeLb2eHe95-BDJBgCcFb8Xuc1vRadSvuxM5LhVKXmxDKnSbekzMclo3J7_j3KyNd8pTFqzAENZ5yZ24gO09Rbg95Q1VA/s72-w640-c-h302/Recurso%20Cabeza%20folleto.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2022/05/dia-montes-de-vigo.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2022/05/dia-montes-de-vigo.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar