A Concellería de Medio Ambiente botou a andar dende mediados de marzo o Programa de Voluntariado de Camiño a Camiño. Nesta edición está previsto realizar accións de conservación no Monte da Guía, acompañamento de cans na Caneira municipal, acondicionamento de sendeiros locais e accións de enriquecimento ambiental en Vigozoo.
En marzo realizáronse os cursos de iniciación ao voluntariado medioambiental, incorporándose 23 novos voluntarios e voluntarias, facendo un total de 60 os efectivos operativos a inicio de tempada.
Durante estes quince días de actividade xa se puxeron en funcionamento os programas de voluntariado da Guía, de acompañamento de cans e de sendeiros. O voluntariado de Vigozoo principiará en abril. Algunhas instantáneas dos participantes pódense ver de seguido: