Rematamos o camiño histórico entre Tui e Vigo coa terceira etapa entre Vincios-San Andrés de Comesaña. Neste percorrido de Camiño a Camiño, promovido pola Concellería de Medioambiente de Vigo, vaise abordar a parte próxima ao concello de Vigo e a súa entrada en Valladares e, para rematar, en San Andrés de Comesaña, a través do camiño que desembocaba no camiño real que viña pola costa.
INSCRICIÓN (150 prazas por ruta)
- Dende luns 18 abril, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda.
CAMIÑO HISTÓRICO TUI-VIGO. ETAPA III: VINCIOS-COMESAÑA*
✔ Domingo 24 de abril
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (Achega 4 euros/2 euros menores AQUI -Sede electrónica ou en Concellería de Medio Ambiente 2º andar-; máis info na GUÍA)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 14:30 (aprox)
🏃 Percorrido*: 11,8 km; pendente media 6,3%; pendente máxima 22,4%/-29,8%; desnivel 388m/-604m; dificultade media-alta
*Realizarase unha variante máis curta para quen o estime necesario, de xeito que se recortarán aproximadamente 3,5km e sairase dende Chandebrito.