A segunda etapa do camiño histórico entre Tui e Vigo abordará o tramo Gondomar-Vincios. Neste percorrido de Camiño a Camiño, promovido pola Concellería de Medioambiente de Vigo, vaise lembrar o camiño real que ía ata a costa e, ao pasar, polo río Miñor comprobaremos a influencia das concas dos ríos nos trazados dos mesmos
INSCRICIÓN (150 prazas por ruta)
- Dende luns 4 abril, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda.
CAMIÑO HISTÓRICO TUI-VIGO. ETAPA II: GONDOMAR-VINCIOS*
✔ Domingo 10 de abril
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (Achega 4 euros/2 euros menores AQUI -Sede electrónica ou en Concellería de Medio Ambiente 2º andar-; máis info na GUÍA)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 14:30 (aprox)
🏃 Percorrido*: 10,7 km; pendente media 8,3%; pendente máxima 28,3%; desnivel 568m/-329m; dificultade media-alta
*Realizarase unha variante máis curta para quen o estime necesario, de xeito que se recortarán aproximadamente 2km.