Este xoves tivo lugar o primeiro dos Cursos de iniciación ao voluntariado de Camiño a Camiño cunha participación de 17 persoas.
Na presentación estivo presente a Concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, que agradeceu a colaboración dos asistentes e deu a coñecer as liñas de traballo de voluntariado para a tempada.
As accións que están previstas desenvolver nesta tempada atópanse o voluntariado no Monte da Guía, o voluntariado de acompañemento de cans da caneira municipal e o voluntariado de sendeiros. Como novidade, a concelleira presentou as accións previstas en Vigozoo.
Máis información no apartado de Voluntariado deste blog (AQUI)