Co arranque do mes de abril, a programación de Camiño a Camiño, promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo, vai realizar o camiño histórico entre Tui e Vigo, pasando por algúns espazos de grande interese medioambiental e rememorando a circulación polos camiños tradicionais.
Tratábanse dos camiños reais ou de carreteiros, moitos deles realizados sobre calzadas romanas, e dende o s.XVIII mantidos pola coroa para "facer camiños rectos e sólidos en España, que faciliten o comercio". Soían ser máis anchos co resto dos camiños permitindo a circulación de carruaxes.
Para realizar o camiño Tui-Vigo había dúas opcións: a que se dirixía cara Gondomar e logo proseguía á Ramallosa, e a que se encamiñaba cara Porriño por Herbille. Imos escoller a primeira das opcións cunha necesaria adaptación en tres etapas: a primeira dende as aforas de Tui ata o Miradoiro de San Antoniño (Couso-Gondomar), que circula en parte polo sendeiro do río Tripes -pertence ao entorno do Parque Natural do Monte Aloia-; a segunda dende Gondomar ata o Polígono da Pasaxe en Vincios; e a terceira, dende A Pasaxe ata San Andrés de Comesaña, pasando por Chandebrito.
INSCRICIÓN (150 prazas por ruta)
- Dende luns 29 de marzo, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de martes a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda.
CAMIÑO HISTÓRICO TUI-VIGO. ETAPA I: TUI-COUSO*
✔ Domingo 3 de abril
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (Achega 4 euros/2 euros menores AQUI -Sede electrónica ou en Concellería de Medio Ambiente 2º andar-; máis info na GUÍA)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 15:00 (aprox)
🏃 Percorrido*: 13,8 km; pendente media 8,2%; pendente máxima 33,9%; desnivel 743m/-427m; dificultade alta
*Realizarase unha variante máis curta para quen o estime necesario, de xeito que sobre os 8km nos sairemos da ruta para que nos recollan os autobuses (no trazado ver liña vermella)