O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou esta mañá en rolda de prensa a tempada de primavera 2022 do Programa de Educación Medioambiental "Camiño a Camiño". Como nestes últimos anos, están previstos percorridos medioambientais, actividade nas hortas urbanas e diversas actividades de voluntariado. Puxo de relieve a continuidade do programa e a volta á normalidade que paulatinamente se vai lograr no mesmo.
Na programación que se achega atópase un resumo das actividades previstas.
Percorridos medioambientais
A primeira ruta terá lugar o vindeiro domingo 13 de marzo. Trátase do clásico percorrido pola senda azul que percorre o tramo baixo do río Lagares e chega ata Canido despois de visitar a Xunqueira do Lagares e a zona húmida do Vao. En total 11,6km de dificultade baixa.
Proseguiran un percorrido pola costa entre Cabo Estai e Bouzas (20 marzo) e outro pola Senda litoral e do Monte da Guía (27 de marzo). Xa en abril farase o Camiño histórico Tui-Vigo (3, 10 e 24 de abril) e rematarase a programación co Camiño do románico en Vigo entre Bembrive e Coruxo (8 de maio). Máis detalles no apartado Rutas do blog Camiño a Camiño (premer AQUI)
Nesta edición habilitáronse 150 prazas por ruta, sendo gratuítas as catro que circulan por Vigo e cun custe de 4 euros para as do Camiño histórico Tui-Vigo.
Todos os luns previos á ruta subirase ao blog a información específica da mesma. Nela indicaranse as características técnicas (lonxitude, desnivel, etc) e unha valoración do grao de dificultade pensando no público habitual de Camiño a Camiño.
Para inscribirse nas rutas cómpre chamar na mesma semana ao 010 (986 81 02 60). Para persoas empadroadas, dende o luns ata o mércores, en horario de 8:00 a 20:00. Queda o xoves para o caso de non estar empadroado. Máis información de inscrición AQUI.
Hortas urbanas
Dende o 15 de marzo iniciarase a actividade habitual das hortas urbanas, en horario de 10 a 13, polas mañás, e de 16 a 19, polas tardes, segundo a horta en cuestión. As persoas usuarias do ano anterior poden incorporarse directamente.
Para poder participar por primeira vez é preciso realizar o curso básico de hortas urbanas previsto para o martes 15 de marzo (horta de Navia), 16 de marzo (horta de Fontáns) e 17 de marzo (horta de Pedro Alvarado) (nota: no folleto hai unha errata neste último caso e indica 16 de marzo)
Para preinscribirse nos cursos das hortas pódese chamar ao 010 (986 81 02 60) na semana da actividade ou enviando un correo a info@caminoacaminovigo.org. Pecharase a inscrición telefónicamente.
Máis información de hortas urbanas AQUI.
Tamén seguen as actividades de voluntariado medioambiental no Monte da Guía, nos sendeiros locais ou na caneira municipal.
Para poder participar é preciso realizar o curso de iniciación ao voluntariado medioambiental previsto en Vigozoo para o xoves 17 de marzo, de 16:30 a 19:00h, e o sábado 19 de marzo, de 10:00 a 12:30h .
Para preinscribirse nos cursos das voluntariado pódese chamar ao 010 (986 81 02 60) na semana da actividade.