O vindeiro domingo, 10 de outubro, cuarta e última etapa da Senda Panorámica de Vigo (GR-53), entre o Parque Forestal do Monte dos Pozos e Saiáns, pasando polos montes de Coruxo, Oia e Saiáns. Este percorrido interpretativo enmárcase na programación de Outono'21 de Camiño a Camiño, promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo.
Nesta ultima etapa a distancia vai ser de 8,8km, de fácil circulación e cunha única ruta. Compararemos a transición duns montes queimados como os de Valladares e Coruxo e un montes maduros e en proceso de consolidación como os de Oia e Saiáns.
Seguiremos con protocolos covid-19, se ben xa retomaremos os traslados en autobús dende a Praza do Rei para así poder realizar rutas lineais.
INSCRICIÓN (100 prazas)
- Dende luns 4 outubro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade. Actividade gratuíta.
- ATENCIÓN: é unha ruta de dificultade baixa e de fácil adaptación a todo tipo de participantes.
SENDA PANORÁMICA DE VIGO. ETAPA 3. P.F. BEADE- P.F. MONTE DOS POZOS
✔ Domingo 10 outubro
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei (marquesina de autobús)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 13:00 (aprox)
🏃 Percorrido principal: 8,8 km, pendente media 6,1%, dificultade baixa
👉 Recomendacións: calzado de sendeirismo e bastóns