Non se podía arrancar mellor a serie de percorridos interpretativos "Serras a carón de Vigo" (Camiño a Camiño, Concellería de Medio Ambiente de Vigo) que coa etapa realizada hoxe na Serra do Suído. A previsión era de choiva e a realidade que quedou unha mañán ideal para apreciar a riqueza natural e paisaxística dun dos enclaves que mellor representa a media montaña galega.
Parada interpretativa na "Forca do Lobo"
Poidemos realizar un percorrido pola configuración xeolóxica, dentro da Dorsal galega, así como os motivos que fagan do Suído un dos lugares con máis precipitacións de Galicia e, mesmo de España. Isto leva a que sexa un verxel de pasto e, polo tanto, de gando vivindo na montaña.
Outras instantáneas destacadas atópanse na reportaxe que se recolle no ENLACE, sendo algunhas das curiosidades pétreas do percorrido as seguintes: