Última etapa da Senda Panorámica de Vigo (GR-53), entre o Parque Forestal de Monte dos Pozos e Saiáns, pasando por Fragoselo e os montes de Coruxo, Oia e Saíans. Rematáronse os case 40 km de percorrido do gran sendeiro que atravesa os montes de Vigo e que se incorporaron na programación de Camiño a Camiño de outono 2021, promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo. A partir de agora entramos na serie de rutas polas Serras a carón de Vigo.
No primeiro tramo da ruta poidose comprobar en que situación se atopan os montes queimados nos lumes de outubro de 2017, xa van catro anos. O proceso é lento para a rexeneración pero vense como en Valladares e Coruxo se está actuando na eliminación de eucalipto e acacia negra, e como se están preparando os terreos para novas plantacións e, nalgúns casos, como xa están en marcha. Para mostra un botón:
Tamén houbo ocasión de comprobar as fermosas panorámicas que o día brindou en distintos momentos do percorrido:
O resto das fotos atópanse neste ENLACE, amosando de seguido algunhas curiosas: