Terceira etapa da Senda Panorámica de Vigo (GR-53) entre Beade e o Parque Forestal de Monte dos Pozos, con subida ao Cepudo-Alba (parte do grupo). Cun día sorprendentemente despexado, prosigue así a programación de Camiño a Camiño, promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo.
Houbo tempo para atravesar camiños que posiblemente foran parte do camiño real e contemplar un dos muíños de maior embergadura da comarca -o muíño de Maquías-. Todo isto dentro da ruta do GR-53 como se comproba no panel próximo:
En fin, que un día para coñecer o sur do concello e comprobar como fixo estragos o lume no ano 2017 cunha língua de lume que arrasou co 22% dos montes de Zamáns e o 84% dos montes de Valladares.
Todas as fotografías pódense consultar neste ENLACE, entre as que hai estas curiosidades: