A terceira etapa da serie de percorridos interpretativos "Serras a carón de Vigo", dentro da programación de Outono'21 de Camiño a Camiño (Concellería de Medioambiente de Vigo), terá lugar pola Serra do Galleiro.
A andaina vai ser de 10 km, de dificultade alta e cunha única ruta (ver Características técnicas). Contemplaremos, se o tempo acompaña, a bisbarra de Vigo e as particularidades desa serra na que houbo asentamentos dende moi tempranas épocas.
Como sempre a inscrición realízase a través do 010 (986810260 dende móbil) e, unha vez se dispoña de praza, realizarase o pago do desprazamento (ver Inscrición e Pago)
Atención, lembrade que na próxima fin de semana cambia a hora e, esta vez, retrásase unha hora.
INSCRICIÓN E PAGO (100 prazas)
- INSCRICIÓN: Dende luns 25 de outubro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade. Achega 3 euros (menores de 12 anos: 50%)
- PAGO:
a) A través da sede electrónica do Concello de Vigo (PULSAR AQUI). Pódese consultar a guía de funcionamento AQUI. Pódese realizar dende o luns 25 de outubro.
b) Solicitando a carta de pagamento na Concellería de Medio Ambiente (2º andar do Concello) de 9:00 a 13:30. Logo abonarase a achega na oficina de Abanca da lonxa do Concello.
SERRA DO GALLEIRO (Características técnicas)
✔ Domingo 31 outubro
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei (marquesina de autobús)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. (atención co cambio da hora). Hora finalización 14:30 (aprox)
🏃 Percorrido: 10 km; altura mín/max: 261m / 735m; pendente media 6,9% / -9,0%; pendente máxima 17,8% / -18,8%; incremento/perda de elevación: 321m/-546m; dificultade alta
👉 Recomendacións: calzado de sendeirismo, bastóns, gorra, roupa de abrigo e cortaventos, comida e auga para 4 horas.