O vindeiro domingo, 3 de outubro, terceira etapa da Senda Panorámica de Vigo (GR-53), entre o Parque Forestal de Beade e o Parque Forestal do Monte dos Pozos, pasando por Zamáns, Monte Cepudo e Monte do Alba. Este percorrido interpretativo enmárcase na programación de Outono'21 de Camiño a Camiño, promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo.
Nesta terceira etapa a distancia vai ser de 12,4 km, de alta dificultade. Por este motivo vanse habilitar dúas opcións: unha completa, que incorpora a forte subida ao Monte do Alba, e outra máis reducida (9km) que evita a subida apoiándose no autobús que acompaña. En todo caso, entraremos no tramo de contrastes intersantes: por un lado o fondo do val en Zamáns e por outro, uns dos picos máis emblemáticos de Vigo e con mellor panorámica 360º. Tamén veremos o contraste entre os montes maduros de Beade e Zamáns e os montes queimados de Zamáns e Valadares. Toda unha experiencia.
Seguiremos con protocolos covid-19, se ben xa retomaremos os traslados en autobús dende a Praza do Rei para así poder realizar rutas lineais.
INSCRICIÓN (100 prazas)
- Dende luns 27 setembro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade. Actividade gratuíta.
- ATENCIÓN: é unha ruta de dificultade media-alta e por tal motivo é importante comprobar as súas características para ver se se adapta ás capacidades do/da participante.
SENDA PANORÁMICA DE VIGO. ETAPA 3. P.F. BEADE- P.F. MONTE DOS POZOS
✔ Domingo 3 outubro
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei (marquesina de autobús)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 13:00 (aprox)
🏃 Percorrido principal: 12,4 km, pendente media 7,8%, dificultade media-alta | Percorrido alternativo (con apoio de autobús): 9 km
👉 Recomendacións: calzado de sendeirismo e bastóns