Arranca a programación de Outono'21 de Camiño a Camiño, promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo. Nesta edición arrancaremos coa Senda Panorámica de Vigo (GR-53), que une os parques forestais da cidade.
A primeira etapa terá lugar entre Vigozoo e o Parque Forestal de Bembrive. En total son 11,6 km de fácil circulación pero cunha única ruta. Como é a primeira da tempada cómpre collela de xeito tranquilo e preparar botas e bastón para que sexa agrable a andaina. Achegarémonos ao patrimonio natural e paisaxístico dos montes periurbanos que nos rodean nun auténtico anel verde.
Seguiremos con protocolos covid-19, se ben xa retomaremos os traslados en autobús dende a Praza do Rei para así poder realizar rutas lineais.
INSCRICIÓN (100 prazas)
- Dende luns 13 setembro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade. Actividade gratuíta.
- Haberá unha única ruta e por tal motivo é importante comprobar as súas características para ver se se adapta ás capacidades do/da participante.
SENDA PANORÁMICA DE VIGO. ETAPA 1. VIGOZOO - P.F. BEMBRIVE
✔ Domingo 17 de setembro
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei (marquesina de autobús)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 13:00 (aprox)
🏃 Percorrido único: 11,6 km, pendente media 5,8%, dificultade baixa
👉 Recomendacións: calzado de sendeirismo e bastóns