O vindeiro domingo, 26 de setembro, segunda etapa da Senda Panorámica de Vigo (GR-53), entre o Parque Forestal de Bembrive e o Parque Forestal de Beade. Este percorrido interpretativo enmárcase na programación de Outono'21 de Camiño a Camiño, promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo.
Nesta segunda etapa a distancia vai ser de 7,7 km, de fácil circulación e cunha única ruta. Achegarémonos ao patrimonio natural e paisaxístico dos montes periurbanos que nos rodean e como dende distintas perspectivas aborda a acción humana a xestión os mesmos.
Seguiremos con protocolos covid-19, se ben xa retomaremos os traslados en autobús dende a Praza do Rei para así poder realizar rutas lineais.
INSCRICIÓN (100 prazas)
- Dende luns 20 setembro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade. Actividade gratuíta.
- Haberá unha única ruta e por tal motivo é importante comprobar as súas características para ver se se adapta ás capacidades do/da participante.
SENDA PANORÁMICA DE VIGO. ETAPA 2. P.F. BEMBRIVE - P.F. BEADE
✔ Domingo 26 de setembro
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei (marquesina de autobús)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 13:00 (aprox)
🏃 Percorrido único: 7,7 km, pendente media 5,9%, dificultade baixa
👉 Recomendacións: calzado de sendeirismo e bastóns