Arranca a programación de Camiño a Camiño, promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo, e nesta edición de outono-21 propómonos realizar os preto de 40km da Senda Panorámica de Vigo (GR-53) en catro etapas.
Na primeira, entre Vigozoo e o Parque Forestal de Bembrive poidemos achegarnos aos miradoiros e parques forestais da Madroa, de Vixiador, de Bandeira, de Baladas, de Cotogrande e de Bembrive, onde rematamos. Foi unha experiencia moi agradable dado que o día estivo inmellorable para facer un percorrido como este. Tivemos ocasión de comprobar como Vigo está bordeado por un anel verde, dende A Madroa ata Saiáns, e nun segundo nivel atópanse toda unha serie de serras que pretendemos abordar na segunda parte da programación. Todo isto poidose comprobar dende o miradoiro de A Madroa tal e como se recolle parcialmente na seguinte fotografía.
Máis aspectos sobre a localización de Vigo e sobre diversos fenómenos xeolóxicos que explican a bisbarra de Vigo poideronse comprender ao longo da etapa e mesmo poidose xogar a interpretar as figuras dos montes que se viron nalgúns puntos do trazado, como este da Serra do Galiñeiro.
Outras instantáneas desta primeira etapa atópanse neste ENLACE, entre as que destacan os seguintes momentos curiosos: