A Concellería de Medio Ambiente ven de presentar a tempada de Outono 2021 do Programa de Educación Medioambiental "Camiño a Camiño".
Entre setembro e novembro están previstos paseos interpretativos medioambientais por Vigo e polas serras da bisbarra. Os percorridos durarán entre 2 horas e media e 3 horas e media e nesta edición serán todos lineais, motivo polo que se retomará o emprego de autobús para desprazarse a facer as rutas.
Nas catro primeiras rutas abordarase en etapas a Senda Panorámica de Vigo (GR-53), realizando en total aproximadamente 40km. Durante o percorrido terase ocasión de coñecer a riqueza natural da senda que une a maioría dos Parques Forestais localizados nos montes de Vigo. Trátase dunha senda singular pois para ser un Gran Percorrido cómpre contar con máis de 50 kilómetros e, chamativamente, a gran maioría descorre polo termo municipal de Vigo.
Nas catro seguintes rutas abordaranse as serras da bisbarra de Vigo (Suído, A Groba, Galleiro e Galiñeiro), na que se vai comprender como a conformación xeolóxica da comarca condiciona a paisaxe, a climatoloxía, a vexetación, a agricultura e en definitiva o particular lugar onde vivimos.
O primeiro percorrido terá lugar entre Vigozoo e o Parque Forestal de Bembrive (domingo 19 de setembro, pola mañá)