Na sétima e última etapa dos paseos interpretativos de Camiño a Camiño (Concellería de Medio Ambiente en colaboración con Montes de Vigo e Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo) achegámonos aos montes de Oia e Saiáns, onde atopamos un monte maduro e en constante tranformación para acabar sendo un verdadeiro monte multifuncional.
O día arrancou moi inestable pero aguantou ata o final, que nos despediu cunha bonita molladura. Polo camiño poidemos ver os parques forestais de Oia e Saiáns, os Piñeiros do mundo, a Fraga Cal de Outeiro cos seu muíño rehabilitado, os traballos de erradicación de acaica e os miradoiros de Saiáns e de Bandeira, e as plantacións dos montes de Oia. En pouco espazo un traballo ímprobo que se vai pondo de manifesto e que a cidadanía pode gozar a través dos sendeiros locais de Oia e de Saiáns.
Nesta etapa aproveitamos para despedir a máscara en aire libre. Pena que non poido ir acompañada máis que de unha das actuacións previstas debido á choiva.
Nas seguintes fotos recóllense algunhas mostras do que estamos a contar (PREMER para ver álbum completo).