Na sexta etapa dos paseos interpretativos de Camiño a Camiño (Concellería de Medio Ambiente en colaboración con Montes de Vigo e Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo) achegámonos aos montes de Coruxo, onde atopamos arqueoloxía, historia dos montes comunais e xestión forestal tralos incendios.
Aparte de gozar dun día cálido e con panorámicas moi chamativas, poidose comprobar como é o día a día dunha comunidade de montes que aposta por unha xestión forestal mixta, onde combina a aposta polas frondosas caducifolias e especies de máis rápido crecemento como o piñeiro ou o eucalipto. Iso sí, póidose comprobar a diferenza entre atender o monte e os enclaves privados abandonados.
No Outeiro da Raposa poidose comprobar a extensión das parroquias de Vigo a carón do mar e, particularmente, o recentemente aprobado ENIL do Vao co humidal adxacente. Unha auténtica gozada visual.
Nas seguintes fotos recóllense algunhas mostras do que estamos a contar (PREMER para ver álbum completo).