Na quinta etapa dos paseos interpretativos de Camiño a Camiño (Concellería de Medio Ambiente en colaboración con Montes de Vigo e Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo) achegámonos aos montes de Valladares, onde se combinan as fermosas panorámicas da Ría de Vigo coas dos montes circundantes.
Ao longo do percorrido, aparte das refrescantes vistas, poido comprobarse como evoluciona a rexeneración dos montes queimados nos lumes de outubro de 2017 e o lento proceso que supón. Tamén se percibe o grave problema que supoñen os enclaves privados abandoados.
Houbo ocasión de escoitar interesantes historias sobre restos de asentamentos primitivos, sobre Almanzor e sobre o marquesado de Valladares. Tamén poidemos saber que a Capela do Alba aséntase onde previamente había unha torre de vixilancia ou que dos montes de Valladares saíu moita pedra que axudou a construir o porto de Vigo e algúns dos edificios da cidade..
Nas seguintes fotos recóllense algunhas mostras do que estamos a contar (PREMER para ver álbum completo).