O voluntariado de Camiño a Camiño da Concellería de Medio Ambiente de Vigo celebrou este sábado 5 de xuño de 2021 o Día Mundial do Medio Ambiente cunha acción especial: a limpeza do Sendeiro local de Valladares.
O lema da edición de 2021 para o Día Mundial do Medio Ambiente é "Previr, deter e reverter a degradación dos ecosistemas". Particularmente isto é destacable nos espazos devastados polos lumes, como o caso dos montes de Valladares.
A acción de voluntariado desenvolta nestes montes ten, pois, unha especial simboloxía e, igual que todas as semanas, serve de preparación do Paseo interpretativo que está previsto levarse a cabo o domingo polo Sendeiro local onde vai poderse comprobar directamente como se está a rexenerar pouco a pouco o monte.
De seguido achegamos algunhas instantáneas da acción de voluntariado (ver álbum completo AQUI):