Continúa a programación de Camiño a Camiño, promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo, e nesta edición de primavera-21 en colaboración con Montes de Vigo e Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
O terceiro paseo interpretativo previsto para o 23 de maio farase polo Sendeiro Local de Bembribe-Beade, con inicio de actividade na Área Recreativa do Pouso en Bembrive (ver en Google Maps)
INSCRICIÓN (100 prazas por paseo, gratuíta)
- Dende martes 18 maio, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de martes a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- Haberá dous niveis de dificultade para que sexa asequible a todo tipo de públicos.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org ou no teléfono 662 23 10 23 para así convocar á lista de agarda.
- Continuaremos condicionados polos protocolos covid-19 e por tal motivo achegarémonos dun xeito tranquilo ao patrimonio natural e etnoarqueolóxico dos montes periurbanos que nos rodean nun auténtico anel verde.
SENDEIRO LOCAL DE BEMBRIVE-BEADE.
✔ Domingo 23 de maio
🏁 Punto de Encontro: Área Recreativa do Pouso en Bembrive (ver GOOGLE MAPS). Recomendado o acceso pola Estrada da Univerdade, en dirección Puxeiros-Universidade, no desvío á dereita unha vez pasado o cruce cara o Rebullón.
👀 Hora de rexistro de entrada: 9:30. Hora de saída: 9:45. Hora finalización 12:15 (aprox)
🏃 Percorrido curto: 4,9km, pendente media 7.9%, dificultade media-baixa | Percorrido longo: 7,2 km, pendente media 8,9%, dificultade media
🎼 Actuación (12:30): Queixumes, Beade Pandereteiras