Na cuarta etapa dos paseos interpretativos de Camiño a Camiño (Concellería de Medio Ambiente en colaboración con Montes de Vigo e Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo) achegámonos ao paraíso natural de Zamáns, onde ao pasear podes escoitar a música do entorno envolvéndote.
Trátase da parroquia máis rural de Vigo e onde podes percibir vida agrícola e o traballo intenso da Comunidade de Montes de Zamáns, tanto en espazos de conservación -carballeira e soutos- como en zonas de explotación forestal. A isto hai que engadirlle o importante traballo de conservación no conxunto dos muíños de Zamáns.
Como poidemos lembrar, en 1960 inaugurouse o encoro de Zamáns, asolagando boa parte dos prados que permitían os pastos do gando que subministraba de leite a Vigo ata finais dos anos sesenta. En conmemoración desta profesión tan dura atópase a Praza da Leiteira no centro da parroquia.
Nas seguintes fotos recóllense algunhas mostras do que estamos a contar (PREMER para ver álbum completo).