Esta terceira etapa dos paseos interpretativos de Camiño a Camiño (Concellería de Medio Ambiente en colaboración con Montes de Vigo e Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo) permitiron coñecer de preto a xestión mixta dos montes da Entidade Local Menor de Bembrive.
Sen dúbida trátase de un dos pulmóns de Vigo en canto a masa forestal -xunto cos montes de Beade-, e tamén un espazo de alto interese medioambiental pola diversidade de fentos e o bosque de ribeira que poidemos contemplar ao longo do percorrido e, particularmente, ao achegarse ao río Eifonso.
A isto hai que engadirlle os importantes manantiais que emanan destes montes e que a principio do século XX chegaron subministar de auga a Vigo a través do sifón que unía a Casa das Augas co depósito do Monte do Castro.
Nas seguintes fotos recóllense algunhas mostras (PREMER para ver álbum completo).