Continúa a programación de Camiño a Camiño, promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo, e nesta edición de primavera-21 en colaboración con Montes de Vigo e Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
O segundo paseo interpretativo previsto para o 16 de maio farase polo Sendeiro Local de Cabral, con inicio de actividade nos CAMPOS DE FUTBOL DE SANTA MARIÑA (ver en Google Maps) (por motivo da vacunación no IFEVI tivo que cambiarse o lugar de inicio e recoméndase evitar pasar pola rotonda do Aeroporto en dirección aos Campos de Santa Mariña)
INSCRICIÓN (100 prazas por paseo, gratuíta)
- Dende luns 10 maio, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- Haberá dous niveis de dificultade para que sexa asequible a todo tipo de públicos.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org ou no teléfono 662 23 10 23 para así convocar á lista de agarda.
- Continuaremos condicionados polos protocolos covid-19 e por tal motivo achegarémonos dun xeito tranquilo ao patrimonio natural e etnoarqueolóxico dos montes periurbanos que nos rodean nun auténtico anel verde.
SENDEIRO LOCAL DE CANDEÁN.
✔ Domingo 16 de maio
🏁 Punto de Encontro: Campos de fútbol de Santa Mariña (ver GOOGLE MAPS). Recomendado o acceso dende Ramón Nieto, Avda Santa Mariña e Subida a CotoGrande. Evitar IFEVI por motivo da aglomeración no acceso á vacunación.
👀 Hora de rexistro de entrada: 9:30. Hora de saída: 9:45. Hora finalización 12:15 (aprox)
🏃 Percorrido curto: 4,6 km, pendente media 7.1%, dificultade baixa | Percorrido longo: 8 km, pendente media 6,2%, dificultade baixa
🎼 Actuación (12:30): Fiadeiro, Sons das Ferriñas