Climatoloxía adversa para arrancar este domingo e ainda así, tal e como estaba previsto, para as 9:00 amainou e tornouse moi favorable para camiñar. Con esta incertidume arrancaron os paseos interpretativos de Camiño a Camiño (Concellería de Medio Ambiente en colaboración con Montes de Vigo e Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo) e permitiron gozar intensamente do monte de Candeán.
Nesta edición de "Na primavera, pasea polos montes de Vigo" achegámonos á variedade de especies arbóreas que nos podemos atopar no Parque forestal do Vixiador e arredores, coñecendo, entre outras, algunhas moi presentes como o o bidueiro ou o "roble americano" e, outras chamativas como a secuoia ou o olivo da variedade arbequina. Tamén poidemos interpretar a idade e a historia das árbores a partir dos seus aros, así como a intensa historia que ten o lugar dende o neolítico.
Nas seguintes fotos recóllense algúns destes momentos (PREMER para ver álbum completo).