Climatoloxía inestable en toda a fin de semana, pero aínda así os paseos interpretativos de Camiño a Camiño (Concellería de Medio Ambiente en colaboración con Montes de Vigo e Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo) foron adiante con nubes e claros e algún chubasco.
Nesta edición de "No outono, subimos ao monte" circulouse polos montes de Valladares o sábado, e o domingo polos de Matamá e de Comesaña. En ambos poidose comprobar como estaba o monte despois dos lumes de 2017 e o intenso traballo que se se está a realizar. Ver de seguido os enlaces aos albumes correspondentes.
Na seguinte foto atopámonos, curiosamente, na extrema das Comunidades de montes de Valladares, Matamá e Comesaña.
Fotos SL Valladares (sábado 3)
De seguido tendes o enlace para o resumo fotográfico do paseo polo sendeiro local de Valladares e as actuacións correspondentes (PREMER), así como algunha mostra de seguido.
Fotos SL Matamá-Comesaña (domingo 4)
De seguido tendes o enlace para o resumo fotográfico do paseo polo sendeiro local de Matamá-Comesaña e as actuacións correspondentes (PREMER), así como algunha mostra de seguido.