Paseos Camiño a Camiño do 10-11 de outubro: montes de Coruxo e de Saiáns

Na fin de semana do 10 e 11 de outubro os paseos interpretativos polos montes de Vigo dirixiranse cara os montes de Coruxo e de Saiáns. Esta iniciativa forma parte do programa Camiño a Camiño da Concellería de Medioambiente de Vigo, en colaboración con Montes de Vigo e Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. 

Vistas da cima dos montes de Coruxo dende o Monte dos Pozos

En Coruxo atoparémonos en Fragoselo para dividirnos en dúas rutas. A máis longa dirixirase polo sendeiro local cara ao Parque Forestal de Coruxo e o Maúxo Grande, na cima do monte. A máis curta achegarase máis tranquilamente ata a planta de tratamento de biomasa para logo atallar ata o Outeiro da Raposa. En ámbalas dúas, comprobaremos as consecuencias dos lumes de 2017 e o proceso de rexeneración que se está levando.


En Saiáns o punto de encontro é o parque forestal, dende onde se abordará o arboreto "Piñeiros do mundo" e logo os diversos atractivos recollidos na área etnoarqueolóxica de Saiáns (Muíños da Estea, Castro Alto da Medoña e a Fraga da Cal de Outeiro). No caso do paseo curto realizarase con tranquilidade e no caso do paseo longo, se o tempo acompaña, abordarase o Alto de Bandeira coas súas increíbles vistas.

En cada un dos paseos haberá dous niveis de dificultade para que sexa asequible a todo tipo de públicos.

SENDEIRO LOCAL DE CORUXO. 

✔ Sábado 10 de outubro

🏁 Punto de Encontro: Fragoselo (ver GOOGLE MAPS). 

👀 Hora de rexistro de entrada: 16:45. Hora de saída: 17:00. Hora finalización 19:15 (aprox)

🏃 Percorrido curto: 5,9 km, pendente media 8,2%, dificultade baixa | Percorrido longo: 8,6 km, pendente media 8,5%, dificultade media-alta

🎼 Actuación (19:30): Grupo Etnográfico A Buxaina (Música e Baille). A.C. Alalá (Música)


SENDEIRO LOCAL DE SAÍANS. 

✔ Domingo 11 de outubro

🏁 Punto de Encontro: Parque Forestal de Saiáns (ver GOOGLE MAPS). 

👀 Hora de rexistro de entrada: 9:45. Hora de saída: 10:00. Hora finalización 12:15 (aprox)

🏃 Percorrido curto: 3,1 km, pendente media 11,5%, dificultade media | Percorrido longo: 6,6 km, pendente media 10,9%, dificultade media-alta

🎼 Actuación (12:30): C.C.R. Cabral (Música). A.C.R.D. Pardavila (Música). A.F.C Asubío (Música)


INSCRICIÓN (100 prazas por paseo)

- Dende luns 5 outubro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.

- Cada participante pode inscribirse a un único paseo por fin de semana, podendo solicitar estar na lista de agarda do outro para o caso de que houbese prazas dispoñibles.

- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org ou no teléfono 662 23 10 23 para así convocar á lista de agarda.

Nombre

Avisos,6,Fotos,95,Novas,229,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Paseos Camiño a Camiño do 10-11 de outubro: montes de Coruxo e de Saiáns
Paseos Camiño a Camiño do 10-11 de outubro: montes de Coruxo e de Saiáns
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEglrKaxtqgZRp6BZmRlg_ph_xFrcUGUf1MZtvJfWg2RFvmloyBtmHq1x7Ues7q1nSp0ApcGk2fjitlkHggmOqrTLHaNdccY2LbwkbssI6OWBTg4xBlzoEzSLFi3CbiWhA0xP0Ro5AfmJYzn/w640-h426/Montes+de+Coruxo+dende+montes+Valladares.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEglrKaxtqgZRp6BZmRlg_ph_xFrcUGUf1MZtvJfWg2RFvmloyBtmHq1x7Ues7q1nSp0ApcGk2fjitlkHggmOqrTLHaNdccY2LbwkbssI6OWBTg4xBlzoEzSLFi3CbiWhA0xP0Ro5AfmJYzn/s72-w640-c-h426/Montes+de+Coruxo+dende+montes+Valladares.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2020/10/paseo-vigo-10-11-outubro.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2020/10/paseo-vigo-10-11-outubro.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar