O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o Director de Vegalsa-Eroski, Joaquín González, presentaron en rolda de prensa a tempada de outono 2020 do Programa de Educación Medioambiental "Camiño a Camiño".
Entre setembro e outubro están previstos paseos interpretativos polos sendeiros locais, en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo, e en cada parque forestal terá lugar unha actuación musical de grupos en colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
No programa que se achega (PREMER para descargar) atópase o detalle das actividades previstas e dos lugares de convocatoria (nesta edición a inscrición terá lugar directamente nos parques forestais sinalados, que se xeolocalizarán na convocatoria de cada semana..
O primeiro e segundo paseo terán lugar, respectivamente, nos sendeiros locais de Beade-Bembrive (sábado 19 pola tarde) e de Candeán (domingo 20 pola mañá).