A pesares da ameaza da choiva que estivo presente toda a fin de semana, poidose levar a cabo a programación prevista no arranque da programación "No outono, subimos ao monte" de Camiño a Camiño.
Tiveron lugar os paseos interpretativos polos sendeiros locais de Beade-Bembrive, o sábado, e polo de Candeán, o domingo. No arranque estivo presente Nuria Rodríguez, Concelleira de Medio Ambiente de Vigo, así como os presidentes das respectivas comunidades de montes e representates da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. Para finalizar, como novidade nesta edición, as actuacións programadas pola Agrupación puxeron o broche a unha fin de semana na que os montes de Vigo acolleron á cidadanía viguesa.
Aviso: a partir de mañán luns 21 aberto no 010 inscrición para os paseos polos sendeiros locais de Zamáns (sábado 26 set, tarde) e de Oia (domingo 27 set, mañá). Teredes colgados os trazados neste blog mañán as 8:00
Fotos SL Beade-Bembrive (sábado 19)
De seguido tendes o enlace para o resumo fotográfico do paseo polo sendeiro local de Beade-Bembrive e as actuacións correspondentes (PREMER), así como algunha mostra.
Fotos SL Candeán (domingo 20)
Agora tendes o enlace ao resumo do sendeiro local de Candeán e as actuacións (PREMER), asi como algunha mostra.