Coa entrada da Fase 3, a partir do 8 de xuño, a Concellería de Medio Ambiente ten previsto ir progresivamente normalizando a actividade das Hortas-escola do Concello de Vigo.
Volverase aos horarios habituais das hortas, iso sí, iniciando o horario de verán, no que as sesións de mañá son de 9 a 12h e as de tarde de 18 a 21h.
Polo demáis, limitaranse os aforos, en primeira instancia a 30 persoas por quenda, e manteranse as medidas preventivas correspondentes a esta nova fase (mascarillas, distanciamento, hixienización do material, etc). A medida que as autoridades sanitarias vaian dando novas indicacións, iranse asumindo.
Nestes momentos xa se incorporaron a actividade ordinaria 169 usuarios e usuarias, e despois de facer un primeiro acondicionamento dos seus bancais, iniciaron con celeridade as plantacións dado o retraso que se leva. Ademáis, a excesiva calor vivida nestes últimos días obrigou a ter que reforzar os esforzos de rega, e aínda queda bastante traballo para acabar de acondicionar a totalidade dos espazos comunitarios.
O horario das distintas horas quedará como segue:
a) Horta Navia: martes 18-21, xoves 9-12, sábado 9-12
b) Horta Fontáns: mércores 18-21, sábado 9-12
c) Horta Pedro Alvarado: xoves 18-21, sábado 9-12
d) Horta Sardomela (nivel I e II): martes 9-12, venres 9-12
e) Horta Camelias: xoves 18-21
f) Horta Ramón Nieto (nivel II): acceso libre