As Hortas-escola do Concello de Vigo inician o proceso de desescalada a partir do MARTES 26 de maio segundo as solicitudes feitas ata o sábado 23. No caso de que algún/algunha usuario/a quedase sen facer reserva pode tramitala directamente nas hortas segundo o horario que se indica abaixo.
Pola seguridade nas hortas urbanas, resúmense as normas que estarán vixentes ata novo aviso:
Lembrar que se manteñen os días de actividade de cada horta e reforzarase nas hortas de Navia, Fontáns e Pedro Alvarado, para habilitar máis quendas. Ata novo aviso o horario quedará como segue:
a) Horta Navia: martes 10-13, martes 16-19, xoves 10-13, xoves 16-19, sábado 10-13
b) Horta Fontáns: mércores 10-13, mércores 16-19, sábado 10-13
c) Horta Pedro Alvarado: xoves 10-13, xoves 16-19, sábado 10-13
d) Horta Sardomela (nivel I e II): martes 10-13, venres 10-13
e) As hortas de Ramón Nieto e de Camelias manteñen o horario habitual.
Por último, tamén cómpre ter presente que hai que levar o material propio (a caseta non estará dispoñible). Particularmente, é moi recomendable levar gorra e auga dada as previsións de altas temperaturas, así como botarse crema de sol na casa.