A Concellería de Medio Ambiente ten previsto a apertura das Hortas-escola do Concello de Vigo de xeito gradual a partir do MARTES 26 de maio.
Para organizar o plan desescalada establécense os seguintes criterios:
1. Reducirase o aforo nas hortas a un terzo do habitual para cumprir cos criterios de distanciamento e de protección de participantes e á metade no nivel 2.
2. Só poderán estar presente nelas aquelas personas que teñan reserva feita previamente atendendo aos aforos establecidos.
Ata sábado 23 de maio poderase realizar a solicitude de reserva a través deste FORMULARIO e posteriormente na propia horta asignada.
Unha vez feita a solicitude, comunicaraselle a cada participante a quenda asignada por vía telemática (correo, whatsapp, teléfono) ou ben directamente na horta. Tamén se remitirán os protocolos de seguridade que se activarán.
3. A permanencia na horta limitarase a 1 hora 30 minutos por participante, que ser distribuirá:
a) polas mañás: de 10 a 11:30 e de 11:30 a 13:00
b) polas tardes: de 16 a 17:30 e de 17:30 a 19:00
4. Mantéñense os días de actividade de cada horta e reforzarase nas hortas de Navia, Fontáns e Pedro Alvarado, para habilitar máis quendas.
5. Ata novo aviso o horario quedará como segue:
a) Horta Navia: martes 10-13, martes 16-19, xoves 10-13, xoves 16-19, sábado 10-13
b) Horta Fontáns: mércores 10-13, mércores 16-19, sábado 10-13
c) Horta Pedro Alvarado: xoves 10-13, xoves 16-19, sábado 10-13
d) Horta Sardomela (nivel I e II): martes 10-13, venres 10-13
e) As hortas de Ramón Nieto e de Camelias manteñen o horario habitual.