Segunda semana de marzo: Leiteiras de Zamáns e Curso de hortas

Na segunda semana de marzo, a Concellería de Medio Ambiente de Vigo proponche o seguinte plan:
- Xoves 12 marzo, 16:30-19:30h en Vigozoo: Curso básico de hortas urbanas
- Domingo 15 marzo, 9-14: Camiños das Leiteiras de Zamáns (ver máis info abaixo)

Inscrición no 010 (986 81 02 60 dende móbil) dende o luns 9 de marzo. Toda a información da programación nesta web e no programa (PREMER)

Escultura en homaxe ás Leiteiras de Zamáns, na praza do mesmo nome

Camiños das Leiteiras de Zamáns (domingo 15 marzo, mañá)
O terceiro percorrido polas parroquias de Vigo lévanos esta vez a Zamáns, onde eran chamativos os prados que alimentaban á gandería desta parroquia tradicionalmente rural.
Unha das manifestacións desta explotación dos recursos naturais foron as famosas leiteiras de Zamáns -ao igual que outras procedentes de concellos limítrofes-, que todos os días tiñan que facer o seu percorrido ata Vigo co balde á cabeza.
Tamén comprobaremos como Zamáns históricamente foi unha parroquia moi codiciada por distintos terratenientes, ata que acabou formando parte do antigo concello de Val do Fragoso e posteriormente de Lavadores. Pero a poboación non estaba moi cómoda e presionaba por formar parte de Vigo, ata que así foi en 1941.


Descrición da ruta
A ruta está previsto iniciala na Praza da Leiteira, no corazón de Zamáns. Dende ahí faremos un percorrido ata a Fervenza da Freixa e veremos os últimos prados con vacas do Concello. Logo baixaremos ata o Encoro de Zamáns, que anegou os prados do fondo do val na súa construción. Pasaremos polo conxunto de muíños de Zamáns tan ben coidado pola Comunidade de montes de Zamáns, para a partir dese lugar circular cara a Garrida, nun intento de asemellarse ao percorrido que facían as leiteiras nos últimos anos para coller o autobús que as levaba a Vigo.
Moi importante: levar calzado para andar no monte con boa suela para non esbarar. Tamén é recomendable levar bastón para axudar no tránsito.


Nombre

Avisos,6,Fotos,95,Novas,229,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Segunda semana de marzo: Leiteiras de Zamáns e Curso de hortas
Segunda semana de marzo: Leiteiras de Zamáns e Curso de hortas
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhdx0cWpYIP-_w2uE0Epc6wRVdeBWR7BB-jRfOxua-gLLIlYRxW8p-dV9FZLxwmQ0ZGy741A0-6ex1nUhorfaZGu3bV-R9sq5fLdc7HWcOlXh4Zx5W9RrMv_X6CIFKX5AxeFf64n0EZZAyF/s400/Leiteira-1.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhdx0cWpYIP-_w2uE0Epc6wRVdeBWR7BB-jRfOxua-gLLIlYRxW8p-dV9FZLxwmQ0ZGy741A0-6ex1nUhorfaZGu3bV-R9sq5fLdc7HWcOlXh4Zx5W9RrMv_X6CIFKX5AxeFf64n0EZZAyF/s72-c/Leiteira-1.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2020/03/segunda-semana-de-marzo.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2020/03/segunda-semana-de-marzo.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar