A pesares dun día de choiva desa que "molla bobos", finalmente resultou moi agradable coñecer de preto a intrahistoria do antigo concello de Lavadores (ver AQUI evolución histórica do nacemento e posterior integración en Vigo) ao seu paso por Pardavila e Cabral.
Poidemos vivir de preto as parroquias periurbanas de Vigo e como a agricultura segue estando presente nelas. Curiosamente deu de comer a moitas familias en tempos pretéritos e en épocas de crise recente seguiu contribuíndo á subsistencia de moitas familias.
Tal e como quedamos achegamos de seguido as fotos que non poidemos ensinar pola choiva.
Agricultores/as en Lavadores
Alumnos das Escolas Nieto
Vista do Calvario dende o Castro
Ilustración das Industrias Álvarez
Foto de época da ponte de Cambeses (Arquivo Pacheco)
- Lavadores en Vigo a través dos seus barrios (Faro de Vigo) (PREMER)
- Cuando el mundo era Lavadores (El Pais) (PREMER)
- Proyecto Lavadores (Faro de Vigo) (PREMER)
- Historia do Calvario (PREMER)
- Los barrios de Lavadores (VigoOculto) (PREMER)
- "La Rusia chiquita" en Galicia Mártir (PREMER)
2ª SEMANA DE MARZO
Na vindeira semana:
- Camiños das leiteiras de Zamáns (domingo 15 marzo)
- Curso básico de hortas urbanas. (xoves, 12 marzo 16:30-19:30)
Inscricións no 010 (986 81 02 60) a partir do luns 9 de marzo.
Máis info AQUI