O camiño dos canteiros de Matamá, primeira ruta de Camiño a Camiño en 2020

Durante o mes de marzo, Camiño a Camiño, o programa de educación medioambiental da Concellería de Medioambiente de Vigo, vai iniciar unha serie de percorridos polas parroquias de Vigo para coñecer como históricamente interactuou a poboación co territorio.
A primeira andaina circulará polos "Camiños dos canteiros de Matamá", unha auténtica inmersión nun sacrificado oficio que fixo que Matamá (e outras parroquias como Castrelos ou San Andrés de Comesaña) explotara as súas canteiras e subministrara pedra para construír a cidade de principios do século XX.

Escultura en homenaxe ao canteiro Valerio "Trancas"

Un pouco de historia
A Sociedade Atlántida de Matamá, en 1987, organizou a I festa do Canteiro na honra dun oficio que ocupou a vida de moitas familias da parroquia. Para a ocasión publicouse un folleto no que se recollen algunhas pinceladas dun oficio "moi esclavo" e que sen dúbida requiría unha destreza e unhas habilidades moi particulares para comprender o "andar da pedra". De seguido preséntase unha síntese desa publicación, así como as fotografías nela recollida.




Descrición da ruta
A ruta está previsto iniciala precisamente ao carón da escultura en homenaxe a Valerio "Trancas", contando coa presenza do seu fillo para falarnos desa canteira. Logo proseguirá polo muíño da Regueira, onde se o tempo o permite, contaremos con outra testemuña que nos comentará como era o traballo nas canteiras.
A partir de ahí circularemos polo Sendeiro Local de Matamá ata chegar ao Parque Forestal do Maruxento, onde atoparemos unha nova canteira e un precioso miradoiro. Atravesaremos a Comunidade de Montes de Matamá para achegarnos á Comunidade de Montes de Comesaña, onde tamén comprobaremos que a pedra e as canteiras están por todas partes.
Dado que o percorrido require un esforzo de subida importante ao principio, ofertaremos dúas alternativas: unha ruta "longa" de 9 km e dificultade media-alta e outra ruta "curta" de 6,4 km con dificultade media.
En todo caso é importante levar botas -pois vai haber zonas enlamadas- e bastón para apoiarse en tramos de subida e baixada.



Fotografías do percorrido









Nombre

Avisos,6,Fotos,95,Novas,229,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: O camiño dos canteiros de Matamá, primeira ruta de Camiño a Camiño en 2020
O camiño dos canteiros de Matamá, primeira ruta de Camiño a Camiño en 2020
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhXNFRIdSFIWS17mVSQwbFE-LEuqAkuic2hWOREQcGTdK0rK8jsXDfw2tANfDxKQGgXoCXCQ9yBovLncE5Zrw1Q_NXCDFHDhzatMyxqSxl_UmcpoE2PGfkuQESQ5AEkUNh1-ci4v6aAnqtd/s400/2020025-Ruta_Canteiros-11.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhXNFRIdSFIWS17mVSQwbFE-LEuqAkuic2hWOREQcGTdK0rK8jsXDfw2tANfDxKQGgXoCXCQ9yBovLncE5Zrw1Q_NXCDFHDhzatMyxqSxl_UmcpoE2PGfkuQESQ5AEkUNh1-ci4v6aAnqtd/s72-c/2020025-Ruta_Canteiros-11.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2020/02/camino-a-camino-vigo-ruta-canteiros-matama.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2020/02/camino-a-camino-vigo-ruta-canteiros-matama.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar