O domingo 17 de novembro, Camiño a Camiño (programa de educación ambiental da Concellería de Medioambiente de Vigo) ten previsto achegarse a un lugar de referencia no mundo da botánica de Galicia: o Pazo de Lourizán.
O percorrido arrancará dende Figueirido e aproveitaremos para visitar o poblado neolítico de Salcedo.
Ao rematar chegaremos a Lourizán para poder gozar do Xardín botánico de Lourizán creado en 1949, que xunto co Centro de Investigación Forestal exténdese nunha superficie de 52 ha. Este espazo é o resultado de múltiples achegas a partir da realizada a finais do s.XIX por Montero Rios.
No xardín pódese atopar un carballo de máis de 200 anos, así como múltiples exemplares de 120 anos. Existen diversas coleccións de castiñeiros, piñeiros e eucaliptos. A partir dos anos 80 incorporáronse novas coleccións de faias, de flora das distintas comunidades autónomas e de diversos países (Taiwan, Australia, etc). En total están catalogadas 850 especies de árbores e arbustos, moitos deles incluídos no Catálogo Galego de Árbores e Formacións Senlleiras de Galicia. Xunto ao xardín atópase o Herbario LOU con máis de 80.000 pregos de fanerógamas, 15000 fungos, etc.
Inscrición no 010 (986 81 02 60 dende móbil) dende o luns 11 ata o mércores 14 de novembro. Achega de 3 euros (máis info na Guía de pagamentos de percorridos, PREMER)
Saída dende Praza do Rei o domingo 17 as 9:30, con rexistro a partir das 9:00. Retorno aproximado entre as 14:30 e as 15:00h.