No ecuador da programación de Camiño a Camiño, a Concellería de Medio Ambiente ten previsto proseguir no domingo 3 de novembro con outros dos espazos botánicos máis interesantes do Concello de Vigo: o Parque botánico "Arco da Vella" nun tramo do río Eifonso.
Inscrición no 010 (986 81 02 60 dende móbil) dende o luns 28 de outubro ata mércores 30. Non empadroados xoves pola mañá dado que o venres é festivo. Gratuíto.
Senda a carón da botánica: Parque botánico "Arco da Vella" e río Eifonso (domingo, 27 de outubro, 9:00 na Praza do Rei, Volta sobre as 14:00)
A senda do Eifonso é un clásico das rutas do Camiño a Camiño e unha ruta de referencia para os amantes do sendeirismo da camarca de Vigo. A súa popularidade radica en que un trazado de uns 7 Km. reúne un gran valor ecolóxico, veleza paisaxística e natural e restos históricos e etnográficos salientables. Polo tanto sempre é unha boa opción para saír ao monte e desfrutar da natureza, e moito máis no outono onde a fraga amosa unha variedade de cores espectacular, xa que o Eifonso é un lugar especialmente rico e diverso en especies vexetais.
Faremos o percorrido de baixada, dende o Parque Forestal de Beade, tentando evitar os tramos de maior pendente, a pesares diso, hai tramos na parte alta do sendeiro con fortes desniveis e tramos de escaleiras, polo que é moi recomendable o uso de bastóns, e imprescindible un bo calzado, axeitado para andar polo monte, con bó agarre e que nos protexa os nocellos de posibles escordaduras.
Visitaremos a senda botánica do Arco da Vella, que é un sendeiro autoguiado con abondosa información na forma de pequenos paneis sobre a flora, fauna, etnografía, historia e tradicións do lugar. Unha vez rematado o sendeiro continuaremos río abaixo ata a desembocadura do Eifonso no Lagares, para coller os autobuses preto da Avenida de Madrid.