Camiño a Camiño participa na II Andaina pola rexeneración dos montes de Vigo. Contou coa presenza de Nuria Rodríguez, Concelleira de Medio Ambiente de Vigo.
A pesares da inestabilidade climatolóxica, houbo unha tregua que fixo do percorrido deste domingo un fermoso exercicio de ver de preto a situación dos montes de Vigo afectados polos lumes de outubro de 2017. Pódese comprobar como o impacto foi brutal, pero como pouco a pouco vanse dando pasos para rexenerar os espazos queimados e para seguir brindando uns enclaves maravillos para pasear e contemplar o noso entorno
O próximo domingo proseguimos coas sendas a carón da botánica, neste caso no Castelo de Sobroso e entorno de Mondariz. Máis información na web a partir do luns 14 de outubro.
O xoves, as 18:00, poderemos aprender as "Nocións básicas para interpretar os parques botánicos do noso entorno" dentro das Charlas en Vigozoo.